A Deputación adxudica a EC Casas a obra da glorieta e a mellora do acceso a Príncipe Felipe
A Deputación de Pontevedra aprobará este venres en Xunta de Goberno a adxudicación da obra da glorieta e a mellora do acceso ao Príncipe Felipe a Construcciones EC Casas SL por un total de 417.435,81 euros. É unha redución de máis do 24% con respecto ao orzamento inicial de licitación.
Según o indicado polo vicepresidente César Mosquera, as obras teñen un prazo de execución de seis meses logo da sinatura do contrato, polo que deberán estar finalizadas no outono se non se producen complicacións.
As actuacións propostas para o acceso ao centro Príncipe Felipe teñen por finalidade potenciar e dinamizar unha contorna que actualmente presenta unha serie de carencias e inconvenientes para os usuarios do centro.
A actuación consistirá na construción dunha glorieta de dobre carril que regule a circulación viaria con pasos de peóns sobreelevados que obriguen aos vehículos a reducir a velocidade.
Os sistemas de iluminación contarán con 14 farois en total, 13 nos pasos de peóns e unha de 15 metros no centro da glorieta.
Ademáis realizarase un aparcadoiro privado para as persoas usuarias do centro e un muro de contención de terras perimetral ao aparcadoiro e iluminarase a zona con cinco proxectores de luz led.
Relacionadas:
-
A glorieta de acceso a Príncipe Felipe, unha solución "moi traballada" para mellorar a seguridade viaria na zona
Por Diego Espiño |
-
A Deputación inicia este mércores as obras da nova glorieta de Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Os novos accesos a Príncipe Felipe e Montecelo, en obras na primavera de 2018
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O Concello cederá terreos para a nova rotonda diante da entrada de Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Un muro de vexetación substituirá o enreixado de barrotes da Cidade Infantil Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
A nova rotonda de acceso a Príncipe Felipe custará 550.000 euros e será licitada este ano
Por Redacción |