A mulleres do goberno provincial secundarán a folga feminista do 8-M
Por Diego Espiño
As mulleres que compoñen o grupo de goberno da Deputación de Pontevedra secundarán este xoves 8 de marzo a folga feminista convocada a nivel internacional, coincidindo co Día Internacional da Muller.
"Hai razóns máis que suficientes para facela", sinalou a presidenta provincial, Carmela Silva, no transcurso da inauguración da exposición 'Rompe, xoga en igualdade' na sede da institución.
"Todas as deputadas provinciais mañán faremos a folga de 24 horas e ademais imos renunciar ao noso salario, porque as mulleres de outras actividades que fan folga tamén renuncian, llo van a descontar, e nós queremos ser como o resto das mulleres", completou no seu discurso.
Tamén a deputada Eva Villaverde explicou a decisión lembrando ás mulleres que ao longo dos anos loitaron polos seus dereitos e pola igualdade. "Por todas elas, as que estamos, as que non estarán e as que estiveron as mulleres deste goberno provincial estaremos en folga", argumentou.
Ademais de Carmela Silva e Eva Villaverde secundarán a protesta do 8 de marzo as deputadas Isaura Abelairas, Chelo Besada, Monserrat Magallanes e Digna Rivas.
A folga, convocada baixo o lema "Se nós paramos, para o mundo", pretende reivindicar a necesidade de avanzar cara á igualdade real das mulleres e os homes.
Relacionadas:
-
O 8 de marzo, "un arco iris" de decencia para a humanidade
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación 'rompe' cos estereotipos de xénero cunha exposición "provocadora" pola igualdade
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Teresa Guerra Díaz, galardoada co Premio 8 de Marzo de UGT
Por María López Verdial & David Arana |
-
Suspenden o Plan Madruga e o comedor escolar pola folga do 8 de marzo
Por Oskar Viéitez |
-
#VivasLibresUnidas - Paro por quendas para o 8-M para facilitar o seguimento da folga pola muller
Por Redacción |
-
As mulleres do goberno municipal pararán o 8 de marzo
Por Alejandro Espiño |