O PP de Poio esixe a Luciano Sobral que diga "donde están as contas da Festa do Mar de 2017"
Por Redacción
O PP de Poio esixiu este martes ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, que obrigue ao seu concelleiro de Festas a cumprir a súa promesa de facer públicas as contas da Festa do Mar 2017 "aínda que sexa seis meses tarde".
O voceiro do PP local para asuntos económicos, Juan José Rodríguez Grandal, recordou que o PP presentou un escrito dirixido ao alcalde e aos servizos técnicos municipais solicitando os datos económicos da festa e esixindo unha explicación para a non publicación e que ese escrito segue sen resposta, o que leva os populares a preguntarse "se non hai nada que ocultar, por que non fan públicos estes datos?".
Rodríguez Grandal apuntou ademais que nas últimas semanas o goberno local deu a coñecer as datas de celebración da próxima edición da festa, "polo que a ocultación dos datos económicos prometidos polo bipartito empeza a soar a falta de respecto", afirmou.