Atendidas unha ducia de persoas afectadas por fume nun incendio en Cambados
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este martes cinco persoas despois de declararse un incendio nun edificio de cinco plantas en Cambados.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, no interior do inmoble atopábanse numerosas persoas, que tiveron que ser desaloxadas.
Segundo a información oficial que fixo público o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), o lume produciuse nunha habitación ao queimarse unha cadeira de brazos que se atopaba xunto a un radiador e o fume propagouse por todo o edificio.
Os feitos tiveron lugar no número 2 da Travesía Valle Inclán.
O 112 Galicia tivo constancia do lume ás 07:00 horas, a través da alerta de varios particulares.
Segundo informou o 061 Urxencias Sanitarias de Galicia ó lugar do incidente enviáronse dúas ambulancias asistenciais e persoal sanitario do PAC de Cambados. Foron atendidos 9 doentes con idades comprendidas entre os 28 e os 79 anos, resultando trasladados ao Hospital do Salnés, todos eles afectados por inhalación de fume. Outros tres doentes foron atendidos no punto e trasladados polo seus medios ao Hospital do Salnés. Dous de eles eran gardas civiles.
Segundo informaron fontes oficiais da Garda Civil, inicialmente desprazáronse ata o lugar o incendio unha patrulla pertencente ao posto de Cambados e un compoñente do equipo de investigación, que acudiu a pé debido á proximidade do cuartel. Os gardas civís conseguiron derrubar a porta e accederon ao interior do inmoble, socorrendo a un home, a súa muller e o seu fillo.
Procedeuse á evacuación de todos os veciños do edificio, entre 25 e 30 persoas, en colaboración con Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Cambados, que procederon á extinción do incendio, realizando, a continuación, labores de aireado do edificio.
Colaboraron neste operativo a Garda Civil dos postos de Cambados, Vilagarcía, O Grove e Sanxenxo; ademais de dous camións motobomba de bombeiros (8 bombeiros), camión motobomba con dous compoñentes de Protección Civil de Cambados e dúas ambulancias.