Belas Artes busca modelos para os próximos dous anos por 273.600 euros
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial do Estado deste martes 6 de marzo publica o concurso da Universidade de Vigo para contratar a unha empresa que realice o servizo de modelos en vivo para a facultade de Belas Artes.
Trátase dun contrato por dous anos a partir de xullo de 2018 contemplando a posibilidade de prorrogas por outros dous anos máis.
O máis valorado neste caso non son nin as medidas dos modelos nin a súa idade, senón que se premiará á oferta máis económica. O valor estimado do contrato é de 273.600 euros.
As persoas que traballan como modelo para que os alumnos de Belas Artes perfeccionen as súas técnicas de pintura, escultura ou fotografía ten un salario en Pontevedra duns 47 euros a hora.