O pavillón de Ponte Cadelas estreará servizo de WiFi
A partir da fin de semana do 10 de marzo o Concello de Ponte Caldelas poñerá en marcha un servizo gratuíto de Wifi para os diferentes colectivos que fan uso das instalacións do seu Pavillón Municipal dos Deportes.
A rede inalámbrica recibe o nome "Chan da Barcia". Este servizo xa estivo habilitado durante a celebración da X Feira de Oportunidades do Verdugo, e tivo unha gran acollida por parte dos asistentes.
Ponte Caldelas empezou a proporcionar redes gratuítas en xullo de 2016, na Casa da Cultura. O acceso dos usuarios do centro estendeuse aos veciños que se achegaban ás súas inmediacións, ofrecendo cobertura ao espazo da Alameda. En 2017 foi a quenda da Casa do Pobo de Forzáns e a de Chaín.
Entre as agrupacións que poderán facer uso deste novo servizo, atópanse as Mulleres Rurais do Verdugo e o grupo de gaitas e baile Os Coribantes de Buchabade.