Pontevedra acolle este mes de marzo oito novos obradoiros do programa "Smartpeme"
Por Redacción
O Edificio Administrativo da Deputación acollerá, durante o mes de marzo oito novos obradoiros do programa "Smartpeme" que oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC.
Os cursos son:
- O martes 6, "Como facturar electronicamente".
- O xoves 8, "Fotografía de vehículos para a súa venda online".
- O luns 12, "Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións"
- O mércores 14, "Redes sociais para a empresa. É Twitter a túa solución?"
- O venres 16, "Mide os teus obxectivos en redes sociais: análise de estatísticas".
- O martes 20, "Consegue os teus clicks máis rendibles".
- O mércores 21, "Márketing gastronómico, que é e como pode axudarche".
- O luns 26, sesión informativa para abordar o funcionamento de Whatsapp Business.
Todos os obradoiros realizaranse a partir das 19.00 horas e as inscricións poden facerse chamando ao 886202020 ou ben a través do correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou da páxina web www.smartpeme.depo.es.
Relacionadas:
-
KPMG xestionará o programa SmartPeme 2018
Por Redacción |
-
A oficina de Smartpeme en Pontevedra leva atendidas 150 empresas da cidade no que vai de ano
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
SmartPeme incorporará unha carteira de servizos para o sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
832 persoas asistiron aos cursos de formación en novas tecnoloxías da Deputación
Por Redacción |