Despréndese unha cornixa dun edificio da rúa Sarmiento
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir este sábado a media tarde ata a rúa Sarmiento para asegurar a fachada dun edificio tras o desprendemento dunha cornixa.
A Policía Local optou por acordoar a zona establecendo un perímetro de seguridade despois de que caesen sobre a vía pública pedras e outros elementos desde a altura dun segundo piso.
Afortunadamente non se rexistraron danos persoais.
O edificio afectado fai esquina entre a rúa Sarmiento e Pasantería cunha das súas fachadas na Praza da Leña.