Detidos dous veciños de Poio, un en busca e captura e outro por quebrantar unha orde de afastamento
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio detivo dous veciños da localidade na última semana do mes de febreiro.
Segundo informaron fontes oficiais da Xefatura Local, un deles foi arrestado por quebrantar unha orde de afastamento dunha vítima de violencia de xénero.
O outro detido é un perigoso delincuente que conta no seu historial delituoso con 35 detencións anteriores e sobre o que había unha orde de busca e captura para o seu ingreso en prisión por varios delitos contra a seguridade viaria.
A Policía Local quixo trasladar aos veciños que "o municipio de Poio é un lugar tranquilo e seguro con baixo índice de delitos graves" e que as detencións recentes son "froito do rigoroso control ao que ven sometidos os delincuentes".
No traballo rutineiro dos axentes municipais figura o control da seguridade cidadá no municipio. No ano 2017 os axentes realizaron un total de 62 intervencións relacionadas coa seguridade cidadá entre as que se atopan altercados, consumo e tenencia de drogas, tenencia ilícita de armas, roubos e estafas, entre outros.