Dúas persoas resultan feridas en Rubiáns tras saír o seu coche da vía e bater cun camión aparcado
Por Redacción
Os servizos de emerxencia evacuaron este venres dúas persoas que resultaron feridas nun accidente de circulación ocorrido na N-640-A o seu paso por Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.
O suceso tivo lugar ao redor das 13:15 horas cando o coche no que circulaban ambos os feridos saíu da vía e chocou contra o remolque dun camión que se atopaba nese momento aparcado.
Segundo informa o 112 Galicia, debido ao impacto unha das vítimas quedou atrapada no interior do turismo e tivo que ser liberada polos Bombeiros do Salnés.
Foi un particular o que alertou ao 112 do accidente, centro que trasladou o aviso a Urxencias Médicas, Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Garda Civil.
As dúas persoas feridas foron trasladas ao Hospital do Salnés con prognóstico reservado nunha ambulancia do servizo de Protección Civil e noutra do 061.