Pontevedra, un concello con boa saúde económica que "cumpre escrupulosamente a lexislación"
Por Natalia Puga
O Concello de Pontevedra "cumpre escrupulosamente a lexislación en materia económica". Con todo, "o goberno do Estado non cumpre cos cidadáns de Pontevedra". Así resume o portavoz do goberno, Raimundo González, a situación económica e financeira da administración local.
O concelleiro deu conta da liquidación do orzamento municipal 2017 en base á contía total do orzamento, os fondos líquidos que existen na tesourería municipal ao 31 de decembro, débeda, remanente, superávit, cumprimento do teito de gasto e o nivel de cumprimento dos veciños de Pontevedra coa facenda municipal.
O resultado final é que "nos saen uns datos moi moi positivos de liquidación do orzamento", pois aprobouse un orzamento de 72,9 millóns de euros e acabou, ao final do proceso, en 91,2 millóns, o que supón un incremento de preto de 20 millóns.
Un dos aspectos que axudan á boa saúde económica do Concello é, segundo o portavoz municipal, o bo comportamento dos pontevedreses, que mellorou con repecto a anos anteriores. As obrigacións fiscais dos cidadáns incrementáronse desde o 84% ao 86,26%. Isto quere dicir que "houbo un bo comportamento dos ingresos".
En canto aos fondos líquidos en tesourería, a 31 de decembro había na tesourería municipal 28,5 millóns de euros, unha cifra moi superior á do ano anterior, de 23,5 millóns, cinco millóns menos.
Ademais, o Concello de Pontevedra rematou ou ano 2017 cun superávit de 3,3 millóns, menos que en 2016, e cun remanente de tesourería de 17 millóns,
Segundo as cifras facilitadas por Raimundo González, ou nivel de endebedamento acadou cifras históricas. En concreto, baixou ata 15,5 millóns de euros, pouco máis do 20%, e está en mínimos históricos, sendo a cifra máis baixa dende 1996.
As obrigas de pago do Concello foron de 66.548.934,47 euros, e faltaron para esgotar ou teito de gasto 800.000 euros. De ter superado ou teito de gasto, ou Concello debería ter realizado un plan económico financeiro que debera ser aprobado pola Xunta de Galicia.
Ademais, o Concello de Pontevedra rematou o ano 2017 cun superávit de 3,3 millóns, menos que en 2016, e cun remanente de tesourería de 17 millóns,
Segundo as cifras facilitadas por Raimundo González, o nivel de endebedamento acadou cifras históricas. En concreto, baixou ata 15,5 millóns de euros, pouco máis do 20%, e está en mínimos históricos, sendo a cifra máis baixa dende 1996.
As obrigas de pago do Concello foron de 66.548.934,47 euros, e faltaron para esgotar o teito de gasto 800.000 euros. De ter superado o teito de gasto, o Concello debería ter realizado un plan económico financeiro que debera ser aprobado pola Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
O Concello pagou 12 millóns de euros en facturas no primeiro trimestre
Por Alejandro Espiño |
-
Os pontevedreses deben 29 millóns de euros en impostos e taxas sen pagar
Por Alejandro Espiño |
-
O PP di que o Concello non gastou seis de cada dez euros previstos para investir no 2017
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra aproba sen sobresaltos un orzamento de 75 millóns para 2018
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |