Atopan cocaína dentro de queixos enviados de Arousa a Huesca
Por Redacción
Unha investigación da Policía Nacional logrou interceptar un curioso envío que realizou a través dunha empresa de paquetería de Vilagarcía de Arousa. Trátase de tres queixos en cuxo interior, perfectamente camuflados, había paquetes de cocaína.
O operativo, bautizado como "operación Esquí", tivo a súa orixe nunha serie de envíos de realizados por un mozo orixinario da Illa de Arousa e cuxo destinatario era outro individuo con vinculacións familiares na zona e domicilio na localidade de Benasque (Huesca).
Tras saber que nos envíos poderían ir ocultas substancias estupefacientes para a súa posterior distribución, os axentes efectuaron unha inspección do contido do último envío pouco despois de que o remitente o deixase nunha oficina dunha empresa de paquetería situada en Vilagarcía de Arousa.
Os investigadores comprobaron como, perfectamente camuflados no interior de tres queixos, había tres paquetes ocultos que contiñan cocaína, que en total excedía dos 200 gramos.
Tanto o remitente como o receptor destes envíos foron detidos e postos a disposición xudicial.
O primeiro deles, o pasado día 21, foi detido na Illa de Arousa. Trátase dun mozo sen antecedentes ao que, ademais, rexistróuselle a súa vivenda.
En colaboración coa Policía Nacional de Huesca, detívose o receptor na localidade de Benasque. Este mozo tampouco tiña antecedentes. Os axentes requisaron alí a droga que fora remitida desde Galicia.