Viladecans e Pontevedra, unidas en filosofía urbanística
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Carles Ruiz, alcalde socialista do concello catalán de Viladecans, oíra falar sobre os cambios que se acometían en Pontevedra para peonalizar o centro urbano. Nunhas xornadas sobre novos modelos de cidade tivo a ocasión de obter máis información sobre as fórmulas empregadas en Pontevedra para levar a cabo este proceso de cambio e este mércores trasladábase a Pontevedra para comprobar que posibilidades hai para que algunhas das decisións que se adoptaron na cidade do Lérez poidan implantarse no municipio catalán.
Despois de dar un pequeno paseo pola contorna de Benito Corbal, o alcalde de Viladecans indicou que as urbes do século XXI teñen que ser diferentes ás do século pasado. E neste sentido avogou pola eliminación da contaminación procedente dos vehículos para buscar espazos nos que cobre protagonismo o peón.
Asegurou que Pontevedra e Viladecans teñen clara a filosofía para seguir, aínda que para o desenvolvemento na práctica é necesario ver as particularidades de cada municipio. A cidade do Baix Llobregat conta con 65.000 habitanttes e, nos últimos anos, está a rexistrar un importante crecemento económico cun importante número de visitantes. Afirmou que hai que desfacer a cidade e a cultura cidadá para crrear un modelo urbanístico diferente.
A delegación de Viladecans mantivo un encontro co alcalde de Pontevedra e posteriormente o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, acompañounos na súa visita para explicarlle detalles da contorna urbana e o ordenamento xeral do tráfico. Desde o goberno local manifestaron a súa satisfacción por recibir a visitantes que se converten en "prescritores" do modelo de Pontevedra e axudar a promover a chegada de turistas durante todo o ano.
Relacionadas:
-
Pontevedra explica en Cascais que velocidade e calidade urbana son "incompatibles"
Por Redacción |
-
O goberno local continúa o seu labor "evanxelizador" do modelo de cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Suecia interésase pola eliminación de tráfico do centro de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
Periodistas europeos visitan a Boa Vila para coñecer o modelo de mobilidade
Por David Arana & Gabriela Varela Asorey |
-
Lores viaxará a Austria para representar a Pontevedra no Salzburg Global Seminar
Por María López Verdial |