A prensa europea pon a vista en Pontevedra
O mércores 28 de febreiro membros de diferentes medios de comunicación europeos déronse cita en Pontevedra co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, concretamente no Sexto Edificio do Museo da cidade.
Esta visita sumouse á que se produciu o martes 27 en Vigo, onde os xornalistas puideron visitar diferentes espazos da cidade así como á campus da Universidade, e nela presentouse a cidade aos visitantes a través dun vídeo que destacaba a mobilidade na Boa Vila.
O alcalde tamén quixo resaltar as melloras en carácter viario que ten Pontevedra, encomiando a xestión do concello en carácter de peonalización e acondicionamento dos espazos públicos aos peóns, algo que alzou o interese dos xornalistas, que quixeron coñecer o orzamento destinado a estas melloras urbanísticas entre outros detalles.
Lores informoulles tamén das diferentes conferencias nas que se promocionará o modelo de Pontevedra en cidades como Madrid e no estranxeiro en Salzburgo e México entre outros lugares.
A visita continuou cun circuíto a través do museo da cidade cuxa historia foi brevemente explicada no acto, para rematar coa visita ao campus de Pontevedra por parte dos xornalistas.
Relacionadas:
-
O goberno local continúa o seu labor "evanxelizador" do modelo de cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Suecia interésase pola eliminación de tráfico do centro de Pontevedra
Por Anxo Lourido |
-
A Universidade de Salzburgo, interesada en diagnosticar a evolución ambiental de Pontevedra
Por Redacción |
-
Salzburgo estuda o modelo de Pontevedra como "paradigma" de espazos urbanos
Por Redacción |
-
Viladecans e Pontevedra, unidas en filosofía urbanística
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |