A Deputación adxudica os programas En Ruta coa Depo e Depoemprende II
Por Redacción
O goberno provincial vén de adxudicar dous proxectos das súas áreas de cohesión social e promoción económica: En Ruta coa Depo e Depoemprende II.
No caso do primeiro, a empresa Viajes Halcón S.A. foi a gañadora do procedemento aberto por un importe de 304.800 euros, o que supón un aforro de 55.200 euros respecto ao orzamentado.
O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia, e inclúe xantar e trasporte
En Ruta coa Depo ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas.
Para este 2018 ofertaranse un total de 20.000 prazas para as 32 rutas coas que se poderán coñecer diferentes lugares da provincia de Pontevedra. Os participantes, salvo os que estean en risco de exclusión social ou acrediten escasos recursos económicos, pagarán 12 euros.
Pola súa banda, Depoemprende II conta cun orzamento de máis de 600.000 euros para o fomento do emprendemento entre a mocidade e a loita contra o despoboamento no rural
Ten por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedores e emprendedoras a través da formación e do asesoramento, ao tempo que permite loitar contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.
O programa está dirixido a persoas desempregadas menores de 30 anos e pretende espallar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento, debido á súa achega de creatividade e innovación, e eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos.
Tamén pretende promover a incorporación ao mercado laboral a persoas novas de toda a provincia, ofrecer itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades das persoas novas en diferentes localizacións da provincia e garantir a non exclusión por motivos sociais.
Depoemprende II consta de 9 itinerarios formativos en Pontevedra, Cangas, O Porriño, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra encamiñados á obtención do certificado de profesionalidade Creación e xestión de microempresas.
Relacionadas:
-
Carmela Silva anima ás nenas de Pontevedra a chegar a ser "todo o que soñedes"
Por Alejandro Espiño & Victoria Regueira |
-
Un proxecto do IES Johan Carballeira, premiado no certame Depoemprende
Por Oskar Viéitez |
-
Abre o prazo para participar no programa "En ruta coa Depo"
Por Redacción |
-
"Emprender significa conseguir os soños"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Deputación pon a semente da cultura emprendedora
Por Redacción |