O Concello convidará un mínimo de tres empresas para optar á xestión do parking de Veteris
Por Redacción
O Concello de Pontevedra convidará un mínimo de tres empresas para que poidan presentar as súas ofertas ao procedemento negociado sen publicidade para a adxudicación directa da xestión do parking de Veteris, na rúa Antón Fraguas.
Así o deu a coñecer este luns o portavoz municipal, Raimundo González, que anunciou que a Xunta de Goberno deste luns aprobou iniciar o expediente para o procedemento negociado para a adxudicación da xestión do aparcadoiro.
Segundo a información facilitada polo portavoz do goberno local, o procedemento sae a concurso coas mesmas condicións aprobadas para a licitación previa do servizo, cando saíu a concurso, pero quedou deserto.
O goberno local xa dera a coñecer en xaneiro que tres empresas, unha delas a actual concesionaria, mostraran o seu interese por xestionar o parking e pediran ser convidadas a participar no procedemento negociado sen publicidade posto en marcha.
Para facerse coa xestión do parking polos próximos 68 anos, as empresas deben estar dispostas a pagar un canon inicial de 3.263.377 euros, a indemnización que habería que pagar á actual concesionaria, se esta non fose elixida, pola liquidación da adxudicación anterior.
A partir de aí, terían que satisfacer un canon anual de 24.000 euros. Ao longo de toda a concesión supoñería 1.632.000 euros para as arcas municipais.
Se este proceso tamén fracasa, o Concello tería que asumir a explotación directa do parking. Ante este suposto, o orzamento municipal reservou unha partida de 450.000 euros para o primeiro dos pagos que, ao longo de sete anos, se abonaría a Veteris.
Relacionadas:
-
Termina o "culebrón" Veteris coa adxudicación definitiva do aparcamento subterráneo
Por Oskar Viéitez |
-
Queda deserto o concurso para adxudicar o aparcamento de Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello prepara unha nova adxudicación do aparcadoiro de Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
O parking de Veteris, de novo en punto morto
Por Alejandro Espiño |
-
Tres empresas interésanse de novo pola xestión do parking de Veteris
Por Alejandro Espiño |
-
O parking de Veteris, sen noivas
Por Alejandro Espiño |
-
O parking de Veteris sairá a concurso público por 68 anos
Por Alejandro Espiño |