Sito Miñanco, en folga de fame na prisión da Lama
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, declarouse en folga de fame. O histórico narcotraficante foi trasladado á prisión da Lama nos últimos días para que poida acudir ao xuízo por branqueo de capitais previsto para esta semana na Audiencia Provincial de Pontevedra e esta fin de semana comunicou oficialmente a súa intención de facer esta folga.
A Dirección General de Instituciones Penitenciarias confirmou que Sito Miñanco comunicou o sábado que se poñía en folga de fame e este luns segue nesta situación. Ese inicio da folga comunicoullo por escrito á maxistrada da Audiencia Nacional que ordenou o seu ingreso en prisión provisional, Carmen Lamela; ao xuíz de Vixilancia Penal, José Luis de Castro; e á Dirección General.
O motivo que o levou a declararse en folga de fame é, segundo indicaron outras fontes, o trato "vecatorio" recibido na prisión pontevedresa desde a súa chegada. O histórico narcotraficante de Cambados estaba no cárcere madrileño de Alcalá Meco por orde da Audiencia Nacional tras ser detido hai tres semanas en Alxeciras pola súa relación cun alixo de 3.800 quilos de cocaína procedente de Colombia, delito que tería cometido mentres estaba a gozar dun polémico terceiro grao carcelario. Desde alí, a Garda Civil trasladouno ata A Lama, un traslado que se prolongou varios días e polo que tamén se queixou.
Fontes coñecedoras da súa situación indicaron a PontevedraViva que Sito Miñanco ingresou á súa chegada á Lama no módulo 15. É o módulo de illamento e aí segue este luns, o que implica que non ten contacto directo con ninguén e aplícanselle as máximas medidas de seguridade. Tal circunstancia é, previsiblemente, a que motivou a súa queixa e folga de fame.
A Sito Miñanco estáselle aplicando, en concreto, o artigo 75.1 de limitacións regimentales e medidas de protección persoal do Regulamento Penal, aplicado habitualmente para preservar a seguridade e a boa orde do establecemento.
A pesar de atoparse en folga de fame, en principio esa circunstancia non afectará á asistencia de Sito Miñanco ao xuízo no que está acusado xunto a outras catro persoas, a súa primeira esposa, unha das súas fillas e un empresario que, segundo o fiscal, actuaría como o seu home de palla.
A vista oral celebrarase este martes 27 de febreiro e este xoves 1 de marzo e para os cinco acusado a Fiscalía solicita seis anos de prisión e unha multa de 10 millóns de euros por supostamente branquear esa cantida de diñeiro entre 1988 e 2007 a través da inmobiliaria San Saturnino.
O branqueo deses 10 millóns de euros realizárono, segundo o fiscal, mediante a adquisición de bens inmobles en diferentes concellos da provincia, entre eles Pontevedra, Cambados ou Sanxenxo.
A axencia fíxose desta maneira, segundo os investigadores, cun multimillonario patrimonio composto por máis de 50 leiras, unha vintena de casas, naves industriais, baixos comerciais, garaxes e trasteiros, utilizando o diñeiro derivado das actividades ilícitas de Sito Miñanco. O fiscal solicita o comiso de todas as propiedades e aclausura definitiva da inmobiliaria San Saturnino, tamén rexistrada hai tres semanas no marco da operación Mito.
Relacionadas:
-
Sito Miñanco deixa A Lama e trasládano á prisión de Alcalá Meco
Por Natalia Puga |
-
Suspenden o xuízo contra Sito Miñanco para estudar a posible recusación do tribunal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un xuízo baixo a sombra de dúas folgas: unha xudicial e outra de fame
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O avogado de Sito Miñanco acusa o tribunal da Audiencia de non ser "imparcial" e o fiscal de "machismo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco, ante a Audiencia: enfróntase a seis anos de cárcere por blanqueo
Por Redacción |
-
Sito Miñanco lideraba unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial
Por Redacción |
-
Sito Miñanco e a súa filla, detidos nunha operación contra o narcotráfico
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cárcere por blanquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia
Por Natalia Puga |