A comunidade educativa do CEIP Isidora Riestra traslada a Educación as necesidades do colexio
Por Oskar Viéitez
A Xefatura Territorial de Educación mantivo este venres unha reunión coa comunidade educativa do CEIP Isidora Riestra de Poio para analizar as necesidades e demandas do centro. A reunión tivo lugar despois da caida do falso teito nun aula de infantil deste centro educativo ocorrida na pasada fin de semana.
Na reunión estiveron presentes o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como o director do colexio e dous representantes da Asociación de nais e pais de alumnos (Anpa). Tamén estivo un responsable da Unidade Técnica de Educación.
Durante o encontro, calificado por todos os presentes de dialogante e cordial, o xefe territorial explicou as obras que se van a executar de xeito inmediato para reformar a aula de desdobre que resultou danada.
Segundo o acordo ao que se chegou entre o Concello de Poio e a Xunta, o concello iniciará, de xeito inmediato, os traballos de retirada e demolición de todo o interior da aula así como do falso teito que aínda permanece e que posteriormente será reformado.
O alcalde, Luciano Sobral, informou estes días que esta labor podería estar lista a mediados do próximo mes de marzo, momento no que comezará a Xunta a executar o novo baño que será instalado nunha zona máis luminosa e ventilada da aula. Neste senso, este venres Pérez Ares trasladoulle a Anpa o compromiso da Xunta de executar os aseos deste aula que, na actualidade, utilizan os alumnos de 4º de Educación Infantil, unha vez que o concello o seu traballo.
Por outra banda, Educación explicou aos responsables da Anpa que algunhas das obras que demandan son responsabilidade do concello, dentro do capítulo de mantemento dos centros educativos que corresponde á administración local.
A Xefatura Territorial levará a cabo a supervisión da caldeira de calefacción así como valorará, como prioritario, o cambio da cuberta interior e a colocación dun portal automático na entrada do acceso ao recinto escolar. Tamén se estudará a retirada dun muro que se atopa diante das aulas de infantil e que presenta algunhas fendas que preocupan aos pais e nais dos alumnos.
Relacionadas:
-
A Policía Local sorprende catro menores no colexio Isidora Riestra realizando desfeitas
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Concello colaborarán para reformar a aula sinistrada do colexio Isidora Riestra
Por Oskar Viéitez |
-
A ANPA do colexio Isidora Riestra denuncia a falta de investimento da Xunta no centro escolar
Por Oskar Viéitez |
-
Cae o falso teito dunha aula de infantil do colexio Isidora Riestra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada