Música latina para solidarizarse coas persoas con discapacidade
A Asociación Juan XXIII leva cincuenta anos loitando pola integración na sociedade das personas con necesidades especiais, non só durante idades escolares senón tamén na súa posterior inclusión nos círculos de formación e empleo. Por este motivo deseñaron unha serie de actos previstos para este 2018, e o terceiro desenvolveuse este venres 23 na Praza da Ferrería.
A entidade organizou un 'flashmob' ás 11.30 horas no que convidaba a todas as persoas que quixeran participar a bailar pola integración das persoas con discapacidade. O acto, que tivo bastante repercusión entre os habitantes da cidade, reuniu a diferentes centros educativos e clubs deportivos que colaboraron activamente coa Asociación.
No evento, menores dos centros educativos, rapaces dos clubs e membros do Juan XXIII fixeron coreografías e protagonizaron unha tirada de globos co lema do seu 50º aniversario ao ceo. Un acto moi emotivo no que se homenaxeaba, por extensión, a todas estas persoas que pertencen a entidade e loitan cada día por facerse un oco na sociedade en postos de relevancia que lles permitan sentirse útiles e valorados.