As palabras de Rosalía en boca das mulleres de Pontevedra
Este venres 23 de febreiro levouse a cabo na Deputación de Pontevedra un recital de poemas escritos por Rosalía de Castro. As encargadas de levalo a cabo foron mulleres destacadas en diferentes campos, como medio para salientar o traballo da muller.
Neste día buscase facer partícipe á sociedade do que significa a figura da muller máis destacada das nosas letras.
O acto foi presentado polo deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, que deu paso á participación das invitadas.
Neste recital dase visibilidade, ademáis, a diferentes cuestións sociais as que cada unha das lectoras daba representación.
Eva Mejuto, representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega, recitou 'Abride as fiestras'. Coa súa presenza mostra a importancia de promover a escritura na nosa lingua.
'Has de cantar' foi un poema recitado pola vicepresidenta do Concello Territorial da ONCE en Galicia, Mª de los Ángeles Lorenzo.
Outras das invitadas a poñer voz a Rosalía foron Belén Romero, avogada, Carme Vaquero, mariscadora e patrona en Arcade e Luz Gómez, empresaria e horticultora, entre outras.
Carmela da Silva, presidenta da Deputación afirmou que Rosalía está “máis viva que nunca”, así como a importancia de abolir as convencións sociais, tema tratado por Rosalía de Castro ao longo da súa obra. Ademáis aproveitou a ocasión para facer referencia ao próximo 8 de marzo, día para o cal está convocada a folga de mulleres traballadoras.
Salienta a traducción de todo o acto a lingua de signos, tentando facelo máis inclusivo e accesible.