O SERGAS busca xefes para os servizos de Reumatoloxía, Radiodiagnóstico e Dermatoloxía
Por Redacción
A Xunta de Galicia convocou publicamente a través do Diario Oficial de Galicia un posto de xefatura dos servizos de Radiodiagnóstico, Dermatoloxía e Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés. Estes procedementos levarán a cabo a través de avaliación colexiada.
O prazo para a presentación de inscricións é dun mes natural a partir do día seguinte á publicación dos anuncios que se realizaba este 29 de xaneiro. As solicitudes para participar presentaranse no Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, situado na rúa Loureiro Crespo, número 2 de Pontevedra, ou a través dos procedementos que se recollen na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do Hospital do Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet da EOXI de Pontevedra e O Salnés.