Marín pon guapa a Finca de Briz
Por Oskar Viéitez
Estes días comezaron os labores de mantenemento das esculturas de madeira da Finca de Briz e tamén dos bancos e da pérgola que existe neste fermoso lugar no centro urbano de Marín.
Desde a concellería de medio ambiente téntase concienciar da importancia de coidar o patrimonio para goce de toda a veciñanza.
O parque de Briz sufriu este inverno o vandalismo que estragou algúns elementos. Desde a colocación dos baños públicos e o quiosco este espazo atrae a moitas familias e a visita de moitísimos centros educativos de Marín e de fóra do municipio.
PRAZA DE AREOSA
Por outra banda, estes días tamén se está acondicionando a praza de Areosa, en Mogor.
Esta obra consiste na retirada do pavimento actual, que estaba xa en mal estado, e a colocación dunha nova pavimentación con cenefas de laxa de granito gris nos tres entronques da praza.
Esta era unha obra moi solicitada pola veciñanza da zona que fora aprobada no pleno da corporación de maneira unánime e que o goberno local impulsou en canto tivo consignación económica.
Relacionadas:
-
O esquío "Sandra", a última escultura de Briz
Por Redacción |
-
Lapis de cores reinan en Marín
Por Redacción |
-
Melloras urbanísticas na zona de Mogor de cara á Semana Santa
Por Sara López Lago |
-
Repoñer a varanda que arrincaron os vándalos en Marín custará oito mil euros
Por Oskar Viéitez |
-
Os actos vandálicos cébanse con Marín, con danos na Finca de Briz e un parque infantil
Por Redacción |