A Festa do Mar, do 22 ao 26 de agosto; a Festa da Ameixa, 15 e 16 de setembro
Por Redacción
As dúas festas gastronómicas principais das que se celebran en Poio cada ano xa teñen data para as súas edicións deste 2018. A Festa do Mar de Combarro celebrarase do 22 ao 26 de agosto e a Festa da Ameixa de Campelo fixouse para os días 15 e 16 de setembro.
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio deu a coñecer as datas de celebración das dúas grandes citas gastronómicas, que son os dous eventos con maior repercusión no municipio dende o punto de vista turístico.
A Festa do Mar de Combarro celebrará a súa XVIII edición do 22 ao 26 de agosto e contará cun amplo programa de actividades, entre as que destacarán, como en anteriores edicións, a XXXIII Concentración de Embarcacións Tradicionais organizada polo Clube Mariño A Reiboa. Haberá actividades durante todo o fin de semana.
Non faltará no marco da programación da Festa do Mar de Combarro o Festival Armadiña Rock, organizado pola ACDeM Armadinha e que ofertará tanto actividades musicais como culturais dende o venres ata o domingo.
A Festa da Ameixa de Campelo celebrará en setembro a súa XXXI edición. Como principal novidade, este ano o V Festival da Ameixa coincidirá na mesma data coa cita gastronómica, misturando deste xeito a gastronomía, o folclore tradicional e a música de grupos con repercusión nacional.
Dende a Concellaría de Turismo estase a traballar nun amplo abano de actividades tanto musicais como culturais co fin de ofertar aos milleiros de visitantes que se achegan ata Poio durante a tempada estival e aos veciños do municipio un programa de actividades completo e axeitado a todos os públicos.
Relacionadas:
-
O Festival da Ameixa obriga a realizar cortes de tráfico en Campelo
Por Redacción |
-
A Festa do Mar faise maior de idade
Por Diego Espiño |
-
A Festa do Mar de Combarro incluirá un festival infantil
Por Oskar Viéitez |
-
Treixadura engade tradición á oferta musical da Festa da Ameixa de Campelo
Por Redacción |
-
Sés, The Lákazans e Noite Fechada celebrarán o décimo aniversario do Armadiña Rock
Por Alejandro Espiño |
-
Madrileños e portugueses, os turistas máis habituais este verán en Poio
Por Redacción |
-
Unha Festa da Ameixa de récord: preto de 12.000 persoas dánse cita en Campelo
Por Redacción |
-
Combarro recibiu a 114.000 persoas durante os cinco días da Festa do Mar
Por Oskar Viéitez |