'Héroes', a comedia de Gérald Sibleyr chega a Vilagarcía
‘Heroes’, a comedia de Gérald Sibleyr galardoada como Mellor Comedia do 2006 nos premios Lawrence Oliver de Londres chega ao Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa o 24 de marzo ás 21 horas.
A conmovedora obra estará protagonizada por Iñaki Miramón, Luís Varela e Juan Gea, actores que darán vida a tres particulares protagonistas: Henri, que ten unha perna paralizada, Gustave, que sofre agorafobia e Philippe, cunha peza de metralla no cerebro que lle causa desmaios.
Os tres veteranos de guerra pasan os seus últimos días nun hospital militar encerellados en disputas verbais sobre as súas camapañas militares, criticando á irmá Madeleine e reflexionando sobre as súas vidas. Un plan de escapada dá un xiro á relación dos personaxes, un cóctel que xera unha peza aclamada por público e crítica.
Para facerse coas entradas, os asistentes teñen dispoñible o teléfono 902044226, así como a plataforma dixital ticketea.com. Os prezos son de 18 euros nas zonas A e B e 16 na C (máis gastos de xestión).