O programa de detección precoz do cancro de mama explorou o pasado ano a 4.903 mulleres da Boa Vila
Por Redacción
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou o pasado ano 2017 a un total de 53.193 mulleres de 50 a 69 anos da provincia de Pontevedra.
Desta cifra -que representa unha participación do 79,4 por cento da poboación diana do programa na provincia- 1.163 mulleres foron posteriormente remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para completar probas, que confirmaron en 157 casos un cancro de mama.
No que atinxe ao concello de Pontevedra, este programa explorou en 2017 a un total de 4.903 mulleres -cifra que representa un 85,7 por cento de participación da súa poboación diana- e froito desta iniciativa preventiva colaborouse a detectar un total de 16 patoloxías malignas entre mulleres deste municipio.
Sanidade incide na relevancia dun diagnóstico precoz, xa que aumenta ata o 90% as posibilidades de curación, porcentaxe que sobrepasa o 95% cando o diagnóstico se realiza antes de que se faga invasivo.
Relacionadas:
-
A asociación contra o cancro e o CHOP potenciarán a atención aos doentes hospitalizados
Por Oskar Viéitez |
-
Un programa preventivo do cancro axudou a diagnosticar a 39 novos pacientes
Por Noelia Torres Pintos |
-
Ángeles Rubio, paciente que superou un cancro de mama: "Hai que afrontalo con serenidade e con ganas de vivir"
Por Anxo Lourido & Gabriela Varela Asorey |
-
Pontevedra álzase contra o cancro e pide ao Goberno sensibilidade cos enfermos que quedan sen recursos
Por Gabriela Varela Asorey & David Arana |
-
A Asociación de Cancro de Mama estrea sede en Pontevedra: a Casa Azul
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |