Reforzan os servizos de autobús entre Lalín e Pontevedra
Por Redacción
A Xunta de Galicia reforzará a partir do vindeiro luns os servizos de autobús da liña entre Lalín e Pontevedra.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda solicitoulle á empresa adxudicataria desta liña a análise co Concello de Lalín a aplicación de descontos aos usuarios de ida e volta, así como a posibilidade de establecer bonos para os viaxeiros que empregan os servizos con maior frecuencia.
No que se refire aos percorridos entre Lugo e Vigo, mantéñense dous servizos directos por sentido sen transbordo os venres e os domingos, que son as xornadas de maior demanda por mor dos desprazamentos dos estudantes.
A Xunta tamén vén de coordinar os horarios desta liña co obxectivo de que a viaxe entre Lalín e Vigo se manteña nunha duración dunhas dúas horas, levándose a cabo un único transbordo en Pontevedra, cunha espera inferior aos 15 minutos.
Para isto, venderase un único billete en Lugo, Lalín ou Vigo.