Barcelos e a praia fluvial buscan novos "inquilinos" para os seus quioscos
Por Alejandro Espiño
Tras quedar deserta a súa licitación, o goberno municipal expón novas opcións para adxudicar a explotación dos quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial do Lérez, pechados desde hai tempo.
O concelleiro de Patrimonio, Vicente Legísima, explicou que o Concello optará por estudar a adxudicación directa dos dous quioscos, pola vía de negociado con invitación.
Faise así porque, segundo desvelou, varios particulares interesáronse xa por explotar os quioscos, entre elas persoas que quedaron sen emprego.
Algunhas delas mesmo visitaron as instalacións, acompañados dos técnicos municipais, para comprobar o seu estado. Especialmente no caso de Barcelos que está actualmente tapiado, xa que quen o explote deberá asumir unha serie de obras de reforma.
Os técnicos adaptarán lixeiramente os pregos do concurso a esta nova situación.
O que non cambiará, con todo, é a taxa que deberán pagar anualmente os adxudicatarios, cifrada en 1.100 euros ao ano máis IVE para o da praia fluvial e en 2.400 euros máis IVE para o de Barcelos.
En ambos os casos, o prazo de duración das concesións é de cinco anos, prorrogables anualmente ata un máximo de 10 anos. O Concello tentará que, na medida do posible, a mesma persoa explote ambos os dous quioscos.
Relacionadas:
-
O Concello réndese co quiosco de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
Este verán permanecerán pechados os quioscos de Barcelos e a praia fluvial
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra pon a punto as súas praias de cara o verán
Por Redacción |
-
O Lérez estrea unha renovada praia fluvial
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os quioscos da praia fluvial e de Barcelos saen a licitación
Por Redacción |