Esa porcentaxe corresponde a esta provincia, no ámbito galego duns cinco mil colexiados, máis menos 150 están sen emprego.
O sector ademais ten nun horizonte próximo varias reformas normativas, unha delas de ámbito autonómico como a Lei de Ordenación Farmaceútica que levará incrementar os campos que se poidan exercer en oficinas de farmacias, maior responsabilidade para a figura dos adxuntos ou dar máis posibiliades de viabilidade a "farmacias desfavorecidas".
Outro dato que corrobora Alba Soutelo é a redución do gasto farmaceútico durante o groso da crise. Desde 2015 a tendencia é á recuperación, pero aínda así dos 300 millóns de euros que sumaron a factura dos medicamentos vendidos na provincia da Pontevedra no 2009, a 2017 queda en 237 millóns.
E falando de medicinas, dos 26 novos principios activos que se comezaron a comercializar o ano pasado en España, só un se vendeu en farmacias (destinado ao Parkinson) o resto foron para uso e dispensación hospitalaria.
"Por iso as farmacias quedan sen contido, porque temos os mesmos medicamentos, que ademais cada vez van baixando máis de prezo. Así queremos ampliar servizos, sendo farmacias máis asistenciais para os cidadáns, seguindo por suposto coa dispensación de medicamentos", di Soutelo.