Os socialistas de Pontevedra renderán homenaxe a Margarita Feijóo o 8 de marzo
Por Redacción
Dende o ano 2014, e con motivo do 8 de marzo, a Agrupación Socialista de Pontevedra rende homenaxe a unha muller pola súa traxectoria vital de loita e compromiso. Este ano, a Comisión Executiva Municipal que encabeza Maica Larriba decidiu homenaxear a Margarita Feijoo Lino.
Margarita Feijóo milita no PSOE dende principios dos anos 90. Foi concelleira no mandato 1995-1999 e é unha participante activa na vida deste partido.
"Margarita non solo é exemplo de compromiso socialista. O seu compromiso vai moito máis alá. Ela foi quen de poñer en marcha a Asociación de Promoción Xitana dende a que desenvolveu unha importante labor en favor da integración", indicou Maica Larriba
"Margarita encaixa no perfil de persoa comprometida non solo na defensa dos dereitos da muller senón tamén de alguén preocupada por aqueles que o mais o necesitan. Nunha sociedade moitas veces deshumanizada, exemplos como o de Margarita Feijoo animan a seguir traballado polo valor mais importante para os socialistas: a igualdade", engadiu Larriba.
O día 8 terá lugar un acto aberto na sede do partido no que os seus compañeiros e amigos lle renderán un homenaxe.