A ILP do Bosque será presentada en Pontevedra o xoves 22 de febreiro
Tras a presentación ao público o 11 de xaneiro da proposición de lei por iniciativa lexislativa popular (ILP) para mellorar a protección dos hábitats de bosque autóctono, o próximo xoves 22 de febreiro chegará a Pontevedra e Ponteareas.
En Pontevedra, a Asociación para a Defensa da Ría (APDR), xerará reflexión e debate sobre a ILP forestal dentro do ciclo de conferencias '30 anos defendendo o medio ambiente'. Este ciclo leva xa varias xornadas no Teatro Principal da cidade do Lérez. Todas elas a partir das 20.30 horas.
Por outra banda, a Comisión de apoio a ILP do Bosque tamén prepara un acto de presentación en Ponteareas para o día 21 de febreiro, no cal Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega das Comunidades de Montes (ORGACCMM), tratará 'A racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais'.
En ambos casos todos os asistentes poderán asinar en apoio a ILP. Esta é unha iniciativa previa á presentación da proposición de lei en xaneiro, e esperase conseguir un total de 10.000 sinaturas. Todo isto cun prazo que rematará o 24 de marzo.
Tamén se habilitará o día 22 unha mesa de recollida de sinaturas en Compostela, concretamente na Praza do Toural, con inicio as 17.00 horas.