Xa están á venda os tiquets para o xantar popular da Festa do Petote
Por Redacción
As persoas interesadas en asistir ao xantar popular da IX Festa do Petote o domingo 11 de marzo en Carballedo, no Concello de Cerdedo-Cotobade, xa poden empezar a adquirir os tiquets. Están á venda en nove puntos da zona a un prezo de 15 euros.
Os tiquets poden adquirirse, en concreto, en cinco puntos do municipio: A de Ángel (Tenorio), A Vosa Taberna (Borela), Bar Conchi (San Xurxo de Sacos), Casa Perdiz (Augasantas) e Bar A Rampla (Cerdedo). Fóra de Cerdedo-Cotobade están á venda en catro establecementos: Autocares Viuda de Cándido (Pontevedra), Casa Florencio (Verdugo, A Lama), Bar Brasileiro (A Lama) e Frutas Nieves (Ponte Caldelas).
O xantar popular prepárao este ano o servizo de restauración do establecemento Casa Perdiz, da parroquia de Augasantas, e manterase o prezo de 15 euros por comensal e de 5 para os menores de seis anos.
O convite inclúe un cocido completo con petote, café e postre e repartiranse botellas de viño e auga nas mesas para cada catro comensais.
En canto ao programa de actividades, o goberno local confirmou que haberá inchables e xogos para os máis pequenos e actuacións musicais aínda por determinar. Haberá espazo para a venda de produtos de artesanía e alimentación desde o comezo da festa ás 12.00 horas, polo que os comerciantes interesados poden cursar a súa solicitude para participar contactando coa sede administrativa municipal de Carballedo.
Relacionadas:
-
A Festa do Petote, toda unha garantía de éxito
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Festa do Petote reivindicará o domingo en Carballedo "a importancia das mulleres do rural galego"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Festa do Petote sairá á rúa e abandonará o pavillón municipal
Por Redacción |
-
A IX Festa do Petote, o 11 de marzo no pavillón municipal de Carballedo
Por Redacción |
-
O Petote triunfa en Carballedo
Por Redacción & Diego Torrado |