O Colexio de Avogados organiza unhas Xornadas de Dereito Mercantil
Por Redacción
O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra organiza por primeira vez unhas Xornadas de Dereito Mercantil que terán lugar ao longo de febreiro e marzo na sede colexial.
O primeiras tres conferencias celebraranse esta semana, os días 20, 21 e 22 de febreiro, ás 18 horas no Salón de Actos da sede colexial, e tratarán temas como "Aspectos máis relevantes sobre a responsabilidade dos administradores sociais polo déficit concursal", con Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra; "Regulación actual da impugnación dos acordos sociais e a súa interpretación jurisprudencial. A impugnación baseada na infracción do dereito de información ", con Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra, e "Estado actual da responsabilidade dos administradores sociais ", impartida por Alfonso Muñoz Paredes, Maxistrado do Xulgado do Mercantil nº1 de Oviedo.
O programa continuará os días 7 e 8 de marzo cos relatorios "A persoa xurídica administrando sociedades" e "As facultades de administración da xunta xeral", que serán impartidas por Manuel Almenar Belenguer, maxistrado da Audiencia Provincial de Pontevedra e Enrique Sanjuán e Muñoz, maxistrado da Audiencia Provincial de Almería, respectivamente.
Finalmente, o martes 20 de marzo, Nuria Fachal Noguer, maxistrada do Xulgado do Mercantil nº2 de Pontevedra, expoñerá "O concepto de grupo de sociedades no ámbito concursal; situacións grupales en relación coa clasificación crediticia, accións de reintegración e cualificación do concurso", e Cándido Paz Ares, catedrático de Dereito Mercantil, avogado en Uria e Menéndez, "O deber de lealdade e os conflitos de intereses".
Todas elas terán lugar no Salón de Actos da sede colexial.
Relacionadas:
-
A nova xunta do Colexio de Avogados toma posesión e catorce novos letrados reciben a súa toga
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela: "Sáldase unha débeda histórica coa familia Figueroa, que permitíu ir á universidade a centos de veciños"
Por Redacción |
-
A mediación alcanza unha porcentaxe de acordos do 95% nos xulgados de familia
Por Redacción |