Os ladróns xa non son cautelosos: investigan dous roubos nos que arrincaron os fechos dos pisos
Por Redacción
A Policía Nacional acudiu a primeira hora desta luns á rúa Alfonso XIII. Un veciño advertiulles de que alguén entrara a roubar no seu piso aproveitando a súa ausencia e que fixeran o mesmo na casa do veciño de en fronte, que na actualidade non está habitada.
Unha vez que recibiron a alerta, os axentes desprazáronse ao lugar, o número 9 de Alfonso XIII, e comprobaron que o roubo fora obra duns ladróns moi pouco coidadosos. Realizaran un agujeron na porta e arrancado a parte exterior do fecho.
A Policía Científica desprazouse ao lugar para recoller probas que lles permitan localizar aos responsables do roubo mentres os propietarios facían reconto dos danos ocasionados.
Fontes policiais consultadas indicaron que os veciños que alertaron do sucedido non acudiron a presentar denuncia polo roubo e na Comisaría aínda non hai constancia do alcance do roubo, aínda que si dos danos ocasionados na porta.
Fontes veciñais consultadas ofreceron dúas versións contrapostas. Un veciño asegurou que ao propietario afectado lle subtraeran efectos do interior da vivenda. Outra muller residente no edificio sinalou que a suposta vítima lle pedira a súa colaboración por se notara a presenza de alguén estraño no inmoble, pero que lle asegurou que non chegaran a acceder á vivenda.
Os propios afectados rexeitaron realizar declaracións porque "ahora estamos viendo aún los efectos del robo, vuelva mañana"e non resultou posible contactar cos donos do outro piso afectado, que non residen no edificio.
Á marxe do cómputo final de danos, o incidente si sementou xa certo "pánico" entre os veciños do edificio. "En Semana Santa usaron el mismo método para entrar en varios pisos del Paseo de Colón y está aquí al lado. Ya no estamos seguros", lamentan.