Queixas veciñais polo mal funcionamento do semáforo situado fronte ao colexio de Campañó
Por Redacción
O semáforo situado nas proximidades ao colexio Parada de Campañó na estrada PO-531, entre Pontevedra e Vilagarcía, se avaría continuamente. É a queixa que manifestan os residentes nesta contorna desde hai semanas. Indican que, no que vai de ano, xa se estragou ata media ducia de veces.
A situación, segundo os veciños, resulta moi grave porque é o único punto que garante seguridade para aquelas persoas que queiran cruzar dun lado a outro deste viario, que conta con numeroso tráfico continuo ao longo de todo o día.
Os afectados sinalan que xa trasladaron as súas queixas á administración. Nalgunhas ocasións os operarios acoden para reparar este semáforo. Con todo, despois dunhas horas, volva estragarse ou simplemente permanece coa luz en ámbar.
Ante esta situación, os vehículos non se deteñen ante o paso de peóns e, por este motivo, os veciños temen que se produza algún atropelo nun punto que é utilizado polos escolares para cruzar. O problema agrávase os días de choiva debido á escasa visibilidade. Os residentes nesta zona da parroquia reclaman unha solución antes de que haxa que lamentar unha desgraza