Novas camelias para a Finca de Briz
Por Redacción
A brigada de xardíns do Concello de Marín está a proceder á plantación de varias especies de arbustos e camelias que foron solicitadas á Deputación de Pontevedra a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
Unha vez recibidos situáronse na Finca de Briz onde se pretende continuar mellorando o xardín exterior.
A brigada de xardíns tamén se ocupou da entrada do cemiterio da barriada de Mogor, achegando algúns exemplares que enriquezan esta zona.
No resto dos parterres e zonas de flor, situados en varias das zonas axardinadas da rúa Jaime Janer, na rotonda da praza de España e nos xardíns da contorna á casa consistorial, procederase á plantación de flores que sexan duradeiras e resistentes para a primavera e verán.