Marín pedirá a Defensa o uso dunha parcela fronte ao centro de saúde
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín anunciou que solicitará ao Ministerio de Defensa a cesión do uso da parcela situada fronte ao centro de saúde e que quedou despexada despois da demolición por parte de Fenosa do transformador que a ocupaba.
Este terreo é propiedade do estaba situado na parcela propiedade do INVIED, o organismo autónomo Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa.
Trátase dun solar que na actualidade está á venda e que teñen edificabilidade ao atoparse en chan urbano.
O goberno local considera que mentres esta parcela non se vende ou non se edifica, o Concello debería poder usala, xa que sería unha maneira de tela en perfecto estado.
Gas Natural-Fenosa solicitara ao Concello licenza para a demolición do transformador que se outorgou despois de contar cos informes e autorizacións necesarias.