Accidentes de tráfico por saídas de vía, en Sanxenxo e Bueu
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou dun accidente de tráfico rexistrado sobre as tres da tarde un pouco antes de chegar á rotonda que da entrada á Vía Rápida, no Vinquiño.
Efectivos do servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo acudiron ao lugar do suceso.
Como consecuencia do sinistro unha persoa resultou ferida de carácter leve, que non tivo que ser trasladada ao hospital.
BUEU
Tamén en Bueu un condutor saíu ileso esta mañá despois de sufrir un accidente co seu vehículo.
Sobre as 10:30 horas, axentes da Policía Local informaban ao 112 Galicia dunha saída de vía na PO-551, na parroquia de Cela. Aseguraban que o condutor non estaba ferido logo de bater contra un poste.
Debido ao impacto, o farol quedou partido e corría risco de caer ao quedar suxeita polos cables de iluminación, por iso, foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Morrazo para a súa retirada. A intervención de persoal do Concello e o da empresa subministradora de electricidade tamén foi requirida polo 112 Galicia.