Denuncian a "gravísima escaseza" de policías en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O sindicato Unión Federal de Policía ( UFP) presentou escritos na Subdelegación de Goberno e nos Concellos de Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa solicitando o incremento do número de prazas vacantes que o Ministerio de Interior ten previsto cubrir nesta provincia.
UFP Pontevedra considera a situación tan "grave e delicada" que non esperará ao día 21 de febreiro cando se celebrará a reunión na que se tratará a provisión de postos de traballo nos distintos planteis, "xa que a experiencia demóstranos que desde Madrid non se lle dá a importancia que ten".
Por este motivo, instan os responsables políticos locais e representantes do goberno na provincia "a que dean un paso á fronte e defendan os intereses daqueles que os votaron, garantindo a seguridade dos cidadáns".
En concreto, reclaman aos responsables políticos "que se mollen" ante a "gravísima situación de falta de efectivos na nosa provincia" xa que este sindicato policial entende que "non se pode estar nin un minuto máis aos caprichos dos tecnócratas de Madrid".
Sinalan que a media dos persoais en España é do 85% de ocupación pero en Galicia estamos por baixo do 80%. A proposta da Dirección é de 11 policías, 3 oficiais e 6 subinspectores para toda a provincia, "unha miseria", valoran. Ademais a UFP reivindica a creación da Unidade de Prevención e Reacción UPR) con base en Pontevedra e cobertura nas comisarías locais de Marín e Vilagarcía de Arousa.
Nun comunicado, a UFP conclúe que "é lamentable a situación na que o Ministro do Interior ten aos policías, nin lles paga soldos xustos, nin lles dota dos medios necesarios, dedicándose a marear a perdiz e empeorando a seguridade pública de todos".
Relacionadas:
-
UFP demanda 200 policías máis para a provincia e pon o foco no ano "complexo" do Xacobeo 2021
Por Redacción |
-
"Se Pontevedra contase cunha UPR esta liorta teríase resolto posiblemente con menos feridos"
Por Natalia Puga |
-
Cidadáns reclama a dotación de máis efectivos policiais en Pontevedra
Por Redacción |
-
Noventa candidatos optan a cubrir unha soa praza na Policía Local de Poio
Por Redacción |
-
A Policía Nacional celebra o seu 194 aniversario orgullosa polo descenso da criminalidade en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra estuda a oferta da Xunta para centralizar a contratación de policías locais
Por Alejandro Espiño |
-
Denuncian que a Xunta e Interior manteñen menos axentes de seguridade nos xulgados dos que corresponden
Por Redacción |
-
Máis persoal e obras no primeiro piso da Comisaría, principais demandas do SUP a Ana Ortiz
Por Redacción |