Ferida leve unha moza nun accidente de tráfico en Cambados
Por Redacción
Unha muller resultou ferida leve nun accidente de tráfico na Avenida de Castrelo á 01:20 da madrugada deste venres.
A ferida, que responde as iniciais L. M.V.M., é unha moza de 20 anos veciña de Cambados.
Segundo informaron os Servizos de Emerxencias presentaba dor en boneca polo que foi evacuada ao Hospital do Salnés.
Na intervención colaborou a Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e Bombeiros do Salnés.