A principios del verano se iniciarán las obras de la calle de Santa Clara
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o proxecto de reurbanización integral da rúa de Santa Clara e o inicio do procedemento de licitación para a adxudicación das obras, mediante un contrato negociado con publicidade.
O proxecto está valorado en 702.909,80 euros e contempla unha duración de 13 meses. O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, confía en que se reduza substancialmente para que as obras podan estar concluídas canto antes e cos menores problemas posibles para os veciños e comerciantes.
O financiamento das obras é plurianual, cunha partida de 300.000 euros con cargo aos orzamentos deste ano e outra de 402.909,80 euros que queda comprometida xa para o orzamento do ano 2014.
O anuncio de licitación será remitido inmediatamente aos boletíns oficiais e as empresas adxudicatarias disporán de 25 días para presentar as súas ofertas. A partir de aí reunirase a mesa de contratación e adxudicaranse as obras.
Antón Louro destacou que cumpre así coa palabra dada aos veciños de Santa Clara, cos que mantivo unha xuntanza para presentárllelo proxecto. "Houbo xente alí que me preguntou se aquilo era outra promesa máis dunhas obras que non se ían facer", declarou Louro, "eu din a miña palabra e agora cúmproa".
O proxecto gustou aos veciños e comerciantes, tanto polos acabados en superficie, como polo tratamento das infraestruturas soterradas. A rúa de Santa Clara conta con servizos de saneamento e recollida de augas pluviais moi antigos e está a haber problemas de filtracións nos sotos e garaxes. Iso vai quedar agora solucionado definitivamente.
O deseño, a cargo dos arquitectos municipais, abrangue unha área de moi preto de 3.000 metros cadrados ao longo dos 265 metros de lonxitude total da rúa.