Seis praias de Sanxenxo contarán con novos módulos de salvamento e aseos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo quere mellorar os servizos que ofrece aos bañistas en seis praias do seu municipio. Trátase da Lanzada, Bascuas, Paxariñas, Canelas, Caneliñas e Silgar. En todas elas, o goberno municipal pretende instalar módulos mixtos para socorristas e aseos.
O proxecto remitiuse xa á Deputación de Pontevedra para que sexa incluído no Plan Concellos 2018. Está valorado en 132.000 euros.
Nestes momentos, algunhas das praias do termo municipal carecen de módulos de aseos que doten deste servizo ao areal. Ademais, hai outras que si os teñen, pero atópanse moi deteriorados, non só pola súa antigüidade, senón tamén polo uso intensivo que se lles dá durante a tempada estival.
Nesa mesma situación atópanse os módulos de salvamento para socorristas.
As novas casetas serán módulos mixtos de 19 e 24 metros cadrados. Estarán divididos en dous espazos e contarán cunha parte reservada a salvamento, con todo o material e equipamentos necesarios e outra parte que será para os aseos, onde haberá inodoros, lavabos, espellos ou cambiadores de cueiros.
Relacionadas:
-
Asfaltan o acceso á praia de Bascuas
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo sobe o soldo dos socorristas e adianta o proceso de selección
Por Redacción |
-
Sanxenxo mellorará os accesos ás praias de Bascuas e Pragueira
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca acadar dous novos sendeiros azuis
Por Redacción |
-
As praias de Sanxenxo obteñen a máxima puntuación na calidade das súas augas
Por Redacción |
-
Sanxenxo planifica xa melloras nas súas praias pensando no próximo verán
Por Redacción |