Detido cunha moto roubada tras fuxir dun control de tráfico no Vao
Por Redacción
A Garda Civil detivo esta fin de semana un veciño de Pontevedra ao que detectaron conducindo cunha motocicleta roubada cando fuxiu dun control de tráfico no poboado do Vao.
Os axentes estaban a realizar un dos habituais operativos de seguridade cidadá no poboado do Vao, cando o condutor dunha motocicleta escapou dun punto de verificación de vehículos, fuxiuse e desobedeceu os sinais de alto dos axentes.
Tras este incidente, os axentes sospeitaron que o condutor circulaba cunha motocicleta que fora roubada a principios do mes de febreiro en Poio, de modo que se estableceu un dispositivo de procura implicando ás patrullas próximas á zona. Apenas media hora máis tarde, unha dotación do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra lograron localizar ao condutor.
O home deixara a motocicleta estacionada nas inmediacións do centro comercial A Barca e accedía ao mesmo a pé cando lle diero o alto. A continuación procederon a inspecionar o vehículo e comprobaron que fora subtraído o 2 de febreiro do interior dun domicilio de Poio e que, ademais, tiña alterada con cinta illante as letras da placa de matrícula.
A intervención concluíu coa detención desta persoa, un veciño de Pontevedra de 33 anos de iniciais R.P.R.. Atribúenselle os delitos de roubo, falsidade documental e contra a seguridade do tráfico, por conducir de forma temeraria despois de darse á fuga no control
O detido foi posto a disposición do xulgado de garda de Pontevedra, que decretou a súa liberdade provisional como investigado.