Bueu continúa coa ampliación da rede de saneamento na Costiña e Sabarigo
Por Redacción
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, visitou este venres as obras de instalación de dous tramos de redes de saneamento na parroquia de Cela, concretamente nos lugares da Costiña e Sabarigo, onde suman arredor de 100 metros de tubaxe.
Esta actuación está a ser realizada con recursos municipais.
"O que estamos facendo é completando os servizos municipais básicos, sobre todo no rural, onde aínda quedan tramos con dificultades por resolver", salientou Juncal.
Esta obra súmase ás xa realizadas nos últimos meses noutras áreas do municipio. En Laxes, Beluso, ampliouse a rede de saneamento e abastecemento nunha franxa de 220 metros. O mesmo aconteceu nas zonas de Castrelo e Beloso, en Cela, onde se ampliou a rede de saneamento.
De cara a este ano, desde o executivo local, ademais doutros proxectos, xa se está estudando a posibilidade de instalación dunha rede de saneamento na zona de Xoalde, en Cela, onde é posible que se necesite aplicar un bombeo dada a gravidade do terreo.
Relacionadas:
-
Bueu busca financiamento para renovar a rede de abastecemento das avenidas de Marín e A Barca
Por Redacción |
-
Comeza a pavimentación do Camiño de Sabarigo
Por Redacción |
-
Bueu amplía os servizos no Camiño de Laxes, en Beluso
Por Redacción |
-
A rede de saneamento chega ao lugar de Laxes, en Beluso
Por Redacción |