Unha condutora sofre un accidente por despistarse ao ver outra colisión na vía rápida de Cambados
Por Redacción
Dous vehículos impactaban na vía rápida á altura do municipio de Cambados ao redor das 14.30 horas deste venres. Tratábase dun choque lateral causado cando un condutor que circulaba na VG-4.3 en dirección a Vilagarcía de Arousa invadía o carril contrario e golpeaba contra outro turismo, segundo a información facilitada por Protección Civil de Cambados.
A condutora do segundo vehículo, unha veciña de Cambados de 54 anos, tivo que ser trasladada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061. A muller queixábase de dor cervical, lumbar e dorsal.
SEGUNDA COLISIÓN, POR DESPISTE
Poucos minutos despois na mesma zona producíase un segundo impacto debido a que unha condutora despistábase ao observar o primeiro accidente. Unha veciña de Cambados chocaba por alcance contra outro turismo ao desviar a súa visión da estrada. Resultaba ferida unha veciña de Meis, de 28 anos. Tamén tivo que ser trasladada ao Hospital do Salnés ao sufrir dor cervical, lumbar e torácico.
Ata o lugar, ademais de membros de Protección Civil de Cambados, tamén se trasladaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, integrantes do servizo de mantemento de estradas e bombeiros do Parque do Salnes.