Marín quere mellorar a xestión ambiental das súas praias
Por Oskar Viéitez
Este xoves tivo lugar unha reunión de traballo entre o Concello de Marín e a consultora que xestiona a obtención do chamado Sistema Comunitario de Ecogestión e Ecoauditoría, coñécese tamén como EMAS (EcoManagement and Audit Scheme).
Desde o goberno local de Marín aseguraron ser conscientes da importancia de preservar, coidar e respectar o medio ambiente, e para alcanzar un maior desenvolvemento sustentable consideran necesaria a implementación deste sistema na xestión das praias.
Para iso o Concello de Marín comprométese a levar a cabo unha avaliación das actividades asociadas ao usufructo e xestión das praias do municipio para coñecer "cales son os nosos impactos ambientais significativos" e levar a cabo as medidas necesarias para protexer a contorna e para reducir e previr a contaminación.
Obviamente, a implantación deste sistema EMAS esixe cumprir con toda a lexislación ambiental aplicable, así como con todos os requisitos ambientais que se subscriban voluntariamente.
Outros compromisos son: o aforro de recursos naturais, a minimización da produción de residuos ou promover a responsabilidade entre os diferentes axentes implicados na xestión e uso das praias.