Realoxan unha familia en risco de exclusión nunha vivienda de alugueiro social de Caldas
Por Redacción
A Comisión Provincial de Vivenda da Xunta de Galicia adxudicou unha vivenda en alugueiro en Caldas de Reis a unha familia con menores ao seu cargo e en risco de exclusión social.
A vivenda foi cedida á Consellería de Infraestruturas e Vivenda por Abanca para ser destinada a alugueiro social e a proposta de adxudicación aprobouse este xoves. A entrega das chaves farase unha vez que se asine o contrato de alugueiro.
En total, en todo o ano 2017, a Xunta de Galicia realoxou a 70 familias en vivendas propiedade da administración ou cedidas por Abanca, Sareb, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank, o que supón unha vivenda adxudicada cada cinco días.
A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.
Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.