Mantense operativo o dispositivo especial pola neve na Lama
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, realizou desde primeira hora da mañá deste mércores un percorrido pola totalidade das parroquias que compoñen o municipio coa intención de supervisar o estado no que se atopaban as principais estradas e accesos aos núcleos de poboación afectados polas baixas temperaturas e a neve.
Comprobou que non había ningunha incidencia digna de intervención por parte do operativo municipal preparado polo rexedor para esta ocasión.
Jorge Canda dirixiuse ás zonas máis altas do municipio, como Pigarzos na parroquia de Xesta, coa intención de comprobar a accesibilidade para o tráfico rodado nos distintos camiños de titularidade municipal.
Tamén puido comprobar como os operarios das outras administracións con responsabilidades competenciais nas diferentes arterias comunicativas que vertebran o municipio estaban a proceder a botar sal para evitar que a neve, que se ía derritiendo pola aparición do sol, fose converténdose en xeo por acción das baixas temperaturas.
O Concello da Lama tiña mobilizado ao persoal municipal adscrito ao servizo de obras por se fose necesario intervir nalgún momento do día en calquera lugar do municipio que se vise especialmente afectado pola aparición da neve, pero na xornada de hoxe non foi necesario.
A normalidade nas estradas foi normal e mesmo a asistencia ao centro educativo da vila puido realizarse por calquera das estradas principais que dan acceso desde o rural á capital do municipio onde se sitúa o colexio.
A persistencia da onda de frío fai que o Concello da Lama manteña operativo este dispositivo composto por operarios municipais que estarán alerta por se fora necesario intervir ou auxiliar a algún veciño.