Repoñer a varanda que arrincaron os vándalos en Marín custará oito mil euros
Por Oskar Viéitez
Este mércores comezaron os traballos para instalar 142 metros lineais de madeira tratada no paseo que bordea a praia de Portocelo.
Esta reposición de valo vén derivada polos actos vandálicos sucedidos a finais de agosto do ano pasado no que descoñecidos esnaquizaron dita varanda.
O Concello de Marín informou que é orzamento deste arranxo ascende a case 8.000 euros.
BANDA DO RÍO
Por outra banda, a brigada de limpeza do Concello está a realizar desde hai días labores de chorreo e limpeza en zonas do centro urbano que requiren deste traballo.
Actúase de maneira especial naquelas zonas do casco antigo que son de pedra e van collendo verdín para evitar que se produzan esvaróns.