O Grove amplía a Aldea Grobit da illa da Toxa
Por Redacción
A Aldea Grobit da illa da Toxa, un dos puntos do Grove que se ten convertido nun lugar de atracción para o turismo familiar, atópase nestes días en obras xa que as casas que rodean o parque veranse aumentadas cunha nova edificación.
Trátase dunha nova vivenda para os Grobits realizada en pedra e que foi comezada grazas aos traballos dos operarios municipais.
Neste caso trátase dunha edificación visitable que ocupará un lateral do actual parque infantil e que completa as edificacións pechadas existentes.
O Concello do Grove quere así incrementar o ámbito deste recuncho do Monte Central con máis contidos e historias para os pequenos, mellorando os bos comentarios e valoracións que os usuarios realizan da Aldea Grobit.