Sito Miñanco e a súa filla, detidos nunha operación contra o narcotráfico
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O cambadés José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, volveu a caer nunha operación contra o narcotráfico. Foi detido, nesta ocasión, na localidade gaditana de Alxeciras, pero o operativo que o levou de novo aos calabozos tamén ten conexións coas Rías Baixas. A súa filla, Rosa María Prado Pouso, sen ir máis lonxe, tamén caeu, arrestada en Cambados.
O operativo, no que resultaron feridos dous policías do Grupo Especial de Operacións (GEO) da Policía Nacional e dous presuntos narcotraficantes, desenvolveuse en Alxeciras, Málaga, Sevilla, Collado Villalba (Madrid) e Cambados e na primeira xornada houbo 29 detidos e máis de 40 rexistros en domicilios e empresas, entre elas, unha inmobiliaria de Cambados.
Un total de 10 desas detencións producíronse na Rías Baixas e os arrestados foron trasladados á comisarías da Policía Nacional de Pontevedra e Vigo, aínda que está previsto que todos sexan trasladados a Madrid, pois a operación diríxea a Audiencia Nacional.
Entre eses detidos pontevedreses figuran Rosa Prado e en Alxeciras tamén foi detido o fillastro de Laureano Oubiña, David Pérez Lago, aínda que aínda non transcenderon a acusación exacta que pesa sobre cada un deles. O operativo séguese polos delitos de narcotráfico e branqueo de capitais.
Sito Miñanco atópase en situación de semiliberdade desde o ano 2015, pero está pendente dun xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra previsto para este mes de febreiro por branqueo de capitais.
Están acusados Sito Miñanco, a súa filla, a súa primeira esposa, a súa cuñada e quen se converteu en persoa da súa máxima confianza. O fiscal considera que todos eles son autores dun delito de branqueo de capitais por limpar diñeiro procedente do tráfico de drogas e pide para cada un unha pena de seis anos de prisión e o pago dunha multa de dez millóns de euros.
O operativo, que continúa aberto e podería ter máis detidos, remóntase ao ano 2016 e lidérano a Audiencia Nacional, a Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) da Policía nacional e o Grupo contra o Crime Organizado (GRECO) da Costa do Sol e de Galicia contra unha organización presuntamente dirixida por Sito Miñanco que se dedicaría ao tráfico de cocaína e o branqueo.
Detenido Sito Miñanco en una macrooperación contra el narcotráfico. Hasta el momento 29 personas arrestadas -7 en Málaga, 5 en Cádiz, 1 en Sevilla, 6 en Madrid, 10 en Pontevedra-. La investigación continúa abierta. pic.twitter.com/LAfBds3Hc8
— Policía Nacional (@policia) 5 de febrero de 2018
Relacionadas:
-
O ocaso dos vellos narcos: caen Sito Miñanco, Manuel Charlín e Tania Varela
Por Natalia Puga |
-
Sito Miñanco, en folga de fame na prisión da Lama
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Sito Miñanco, ante a Audiencia: enfróntase a seis anos de cárcere por blanqueo
Por Redacción |
-
Sito Miñanco lideraba unha das estruturas narco-criminais máis potentes a nivel mundial
Por Redacción |
-
A Fundación Galega contra o Narcotráfico, distinguida pola súa loita contra a droga
Por Redacción |
-
Sito Miñanco enfróntase a seis anos de cárcere por blanquear diñeiro do narcotráfico xunto á súa familia
Por Natalia Puga |
-
A "xeración perdida" pola droga en Arousa mantén a Sito Miñanco lonxe de Galicia
Por Redacción |